Quen dona fremosa e bõa quiser amar

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Quen dona fremosa e bõa quiser amar
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 16
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Quen dona fremosa e bõa quisér amar,
am' a Grorïosa e non poderá errar.

E desta razôn vos quér' éu agora dizer
fremoso miragre, que foi en França fazer
a Madre de Déus, que non quiso leixar perder
un namorado que s' ouvér' a desasperar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

Este namorado foi cavaleiro de gran
prez d' armas, e mui fremos' e apóst' e mui fran;
mas tal amor ouv' a ũa dona, que de pran
cuidou a morrer por ela ou sandeu tornar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

E pola aver fazía o que vos direi:
non leixava guérra nen lide nen bon tornei,
u se non provasse tan ben, que conde nen rei
polo que fazía o non ouvéss' a preçar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

E, con tod' aquesto, dava séu aver tan ben
e tan francamente, que lle non ficava ren;
mas quando dizía aa dona que o sen
perdía por ela, non llo querí' ascoitar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

Macar o cavaleir' assí despreçar se viu
da que el amava, e séu desamor sentiu,
pero, con tod' esto, o coraçôn non partiu
de querer séu ben e de o mais d' al cobiiçar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

Mas con coita grande que tiínna no coraçôn,
com' óme fóra de séu siso, se foi entôn
a un sant' abade e disse-ll' en confissôn
que a Déus rogasse que lla fezésse gãar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

O sant' abade, que o cavaleiro sandeu
viu con amores, atán tóste s' apercebeu
que pelo dém' éra; e porên se trameteu
de buscar carreira pera o ende tirar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

E porên lle disse: “Amigo, creed' a mi,
se esta dona vós queredes, fazed' assí:
a Santa María a pedide des aquí,
que é poderosa e vo-la poderá dar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

E a maneira en que lla devedes pedir
é que duzentas vezes digades, sen mentir,
‘Ave María’, d' oj' a un ano, sen falir,
cada día, en gẽollos ant' o séu altar.”
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

O cavaleiro fez todo quanto ll' el mandou
e tod' ess' ano sas Aves-Marías rezou,
senôn poucos días que na cima ên leixou
con coita das gentes que ían con el falar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

Mas o cavaleiro tant' avía gran sabor
de comprir o ano, cuidand' aver sa sennor,
que en ũ' ermida da Madre do Salvador
foi comprir aquelo que fora ant' obridar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

E u el estava en aqueste preit' atal,
mostrand' a Santa María sa coit' e séu mal,
pareceu-lle lóg' a Reínna esperital,
tan fremos' e crara que a non pod' el catar;
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

E disse-ll' assí: “Tóll' as mãos dante ta faz
e para-mi mentes, ca éu non tenno anfaz;
de mi e da outra dona, a que te mais praz
filla qual quiséres, segundo téu semellar.”
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

O cavaleiro disse: “Sennor, Madre de Déus,
tu és a mais fremosa cousa que estes méus
ollos nunca viron; porên seja éu dos téus
sérvos que tu amas, e quér' a outra leixar.”
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

E entôn lle disse a Sennor do mui bon prez:
“Se me por amiga quéres aver, mais rafez,
tanto que est' ano rézes por mi outra vez
quanto pola outra antano fuste rezar.”
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...

Poi-la Grorïosa o cavaleiro por séu
fillou, des alí rezou el, e non lle foi gréu,
quanto lle mandara ela; e, com' oí éu,
na cima do ano foi-o consigo levar.
Quen dona fremosa e bõa quisér amar...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: