Quen leixar Santa Maria

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Quen leixar Santa Maria
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 132
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Quen leixar Santa María
por outra, fará folía.

Quen leixá-la Grorïosa
por mollér que seja nada,
macar seja mui fremosa
e rica e avondada,
nen manssa nen amorosa,
fará loucura provada,
que maior non podería.
Quen leixar Santa María...

Ca toda a fremosura
das outras é nemigalla
nen toda sa apostura
tanto come ũa palla
contra a desta; e dura
séu amor e non faz falla,
ante crece todavía.
Quen leixar Santa María...

E dest' un maravilloso
miragr' avẽo en Pisa
a un crérigo fremoso
e riqu' e de mui gran guisa;
mais éra tant' omildoso
que celiço por camisa
sempre acarôn vestía.
Quen leixar Santa María...

Demais las óras rezava
da Sennor de pïadade,
que mais d' outra ren amava,
e pola virgĩidade
dela a súa guardava
e ant' a sa Magestade
de guardar-la prometía.
Quen leixar Santa María...

E desta guisa vivendo,
séu padr' e sa madre mórtos
foron, e enrrequecendo
foi el, ca vinnas e órtos
lle ficaron, com' aprendo;
porên lle davan conórtos
séus parentes d' alegría.
Quen leixar Santa María...

E do que lle mais falavan
per que se mais alegrasse,
éra de como ll' achavan
casament', e que casasse,
e razões lle mostravan
muitas que o outorgasse;
mais a el non lle prazía.
Quen leixar Santa María...

Pero tanto o trouxéron
per faagu' e per engano
que outorgar-lle fezéron
que casass' en aquel ano;
ca de chão lle disséron
que faría gran séu dano
se el mollér non prendía.
Quen leixar Santa María...

E demais que lle darían
ũa meninna donzéla
das mais ricas que sabían
ena térra e mais béla,
porque ambos vivirían
sen coita e sen mazéla
e sen toda tricharía.
Quen leixar Santa María...

Pois aquest' ouv' outorgado,
o prazo das vodas vẽo
en que ouv' a ser grãado
que do séu, que do allẽo;
e dos que a séu chamado
ouve foi o curral chẽo
que mais en el non cabía.
Quen leixar Santa María...

Enquanto foron chegando
aqueles que convidara,
foi-s' el en si acordando
de como acostumara
dizer sas óras, e quando
viu que ja muito tardara,
na eigreja se metía.
Quen leixar Santa María...

E u estava dizendo
sas óras devotamente,
un mui gran sono correndo
o fillou tan fèramente
que caeu; e en jazendo
dormindo viu mui gran gente
que do céo decendía,
Quen leixar Santa María...

E a Virgen escolleita
tragía eno meógo
da companna, que dereita-
mente a el vẽo lógo
e disse-lle: “Sen sospeita
di-m' ũa ren, éu te rógo,
que de ti saber querría:
Quen leixar Santa María...

Non és tu o que dizías
que mi mais que al amavas
e que me noites e días
mui de grado saüdavas?
Porquê outra fillar ías
amiga e desdennavas
a mi, que amor ti avía?
Quen leixar Santa María...

Demais saüdar-me vẽes
pois que te de mi partiste;
en todo tórto me tẽes,
di, e porquê me mentiste?
Preçaste mais los séus bẽes
ca os méus? Porquê feziste,
sandeu, tan grand' ousadía?”
Quen leixar Santa María...

Pois que ll' aquest' ouve dito,
foi-s' a mui Santa Reínna;
e el no coraçôn fito
lle ficou end' a espinna.
E, per com' achei escrito,
as mesas mandou aginna
põer; mais pouqu' el comía,
Quen leixar Santa María...

Cuidando en como vira
a Virgen, que lle disséra
que ll' andara con mentira
e que tórto lle fezéra;
e por saír de sa ira
estev' en gran coita féra,
atá que ll' anoitecía.
Quen leixar Santa María...

Entôn ambo-los deitaron
na cámara en un leito;
e des que sóos ficaron
e el viu dela o peito,
lógo ambos s' abraçaron,
cuidand' ela séu dereito
aver del, mais non podía.
Quen leixar Santa María...

Ca pero a gran beldade
dela fez que a quisésse
o novio de voontade
e que lle muito prouguésse,
a Virgen de pïadade
lle fez que o non fezésse.
E do leit' entôn s' ergía
Quen leixar Santa María...

E lógo foi sa carreira
e leixou a gran requeza
que avía, e maneira
fillou de mui gran pobreza
por servir a que senlleira
foi e será en nobreza,
que os séus amigos guía,
Quen leixar Santa María...

Que o guïou ben sen falla
pois sempr' en toda sa vida.
E a Virgen que nos valla,
quando ll' a alma saída
foi do córpo sen baralla,
onrradament' e comprida,
lla levou u Déus siía.
Quen leixar Santa María...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: