Santa Maria pod’ enfermos guarir

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Santa Maria pod’ enfermos guarir
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 21
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Santa María pód' enfermos guarir
quando xe quisér, e mórtos resorgir.

Na que Déus séu Sant' Esperit' envïou,
e que forma d' óme en ela fillou,
non é maravilla se del gaannou
vertude per que podéss' esto comprir.
Santa María pód' enfermos guarir...

Porend' un miragr' aquesta Reínna
santa fez mui grand' a ũa mesquinna
mollér, que con coita de que maninna
éra, foi a ela un fillo pedir.
Santa María pód' enfermos guarir...

Chorando dos ollos mui de coraçôn,
lle diss': “Ai Sennor, oe mia oraçôn,
e por ta mercee un fillo barôn
me dá, con que goi' e te póssa servir.”
Santa María pód' enfermos guarir...

Lóg' o que pediu lle foi outorgado,
e pois a séu temp' aquel fillo nado
que a Santa María demandado
ouve, ca lle non quis eno don falir.
Santa María pód' enfermos guarir...

Mas o menínn', a pouco pois que naceu,
dũa fórte féver mui cedo morreu;
mas a madre per poucas ensandeceu
por el, e sas faces fillou-s' a carpir.
Santa María pód' enfermos guarir...

Entôn a cativa con gran quebranto
ao mõesteir' o levou e ant' o
altar o pos, fazendo tan gran chanto,
que toda-las gentes fez a si vĩir.
Santa María pód' enfermos guarir...

E braandando começou a dizer:
“Santa María, que me fuste fazer
en dar-m' este fill' e lógo mio toller,
por que non podésse con ele goír?
Santa María pód' enfermos guarir...

Sennor, que de madre nome me déste,
en toller-mio lógo mal me fezéste;
mas polo prazer que do téu ouvéste
Fillo, dá-m' este méu que veja riír.
Santa María pód' enfermos guarir...

Ca tu sóa és a que mio pódes dar,
e porend' a ti o venno demandar;
onde, grorïosa Sennor, sen tardar
dá-mio vivo, que aja que ti gracir.”
Santa María pód' enfermos guarir...

Lóg' a oraçôn da mollér oída
foi, e o meninno tornou en vida
por prazer da Virgen santa comprida,
que o fez no leit' u jazía bolir.
Santa María pód' enfermos guarir...

Quand' esto viu a mollér, ouve pavor
da primeir', e pois tornou-se-ll' en sabor;
e déu porên graças a Nóstro Sennor
e a sa Madre, porque a quis oír.
Santa María pód' enfermos guarir...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: