Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Sempr’ acha Santa Maria razon verdadeira
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 137
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Sempr' acha Santa María razôn verdadeira
per que tira os que ama de maa carreira.

E dest' un mui gran miragre direi que avẽo
a un cavaleiro que éra séu, non allẽo,
desta Sennor grorïosa; mas tant' éra chẽo
de luxuria, que passava razôn e maneira.
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...

Ca pero muito fïava en Santa María
e loava os séus bẽes quanto mais podía,
o pecado de luxúri' assí o vencía
que o démo o levara, cousa é certeira,
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...

Assí que nunca ja parte Déus en el ouvésse
nen sa Madr', a Virgen santa, se lle non fezésse
ao démo força per que llo toller podésse.
Mais aquela que parindo Virgen foi enteira,
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...

A que s' ele noit' e día sempr' acomendava
e que o daquel pecado tirasse rogava,
que o ben que el fazía todo desatava
e fazía sa promessa sempre mentireira.
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...

Ca macar el prometía que nunca tornasse
en est' érro, muitas vezes, e se del quitasse,
o démo lle pois fazía que o non leixasse,
por metê-lo do inférno dentro na caldeira.
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...

El en tal coita vivendo, a mui Grorïosa,
entendendo que saúde dest' éra dultosa,
porque non perdess' sa alma, come pïadosa
faz e come mui sisuda e come arteira.
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...

Ca pois viu que do pecado nunca pẽedença
el tevéra que lle déssen, meteu sa femença
en tirá-lo del, en guisa que en descreença
non caesse pelo démo, que sempre mal cheira
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...

A pecad' e a mentira e a falssidade.
Porên sãou a Reínna de gran pïadade
este cavaleir' e fez-lle tẽer castidade
por maneira muit' estranna e mui vertudeira.
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...

E fez-lle que non perdesse ollos, pées nen mãos
nen outros nembros do córpo, mais que fossen sãos;
mais se o metess' o démo en cuidados vãos
de pecado, que non podéss' seer en tal feira;
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...

Ca pero que gran sabor ouvésse de querê-lo,
que per nulla maneira non podésse fazê-lo.
Esto fez a Virgen santa pera sig' avê-lo,
ca de salvar os séus sempre é mui sabedeira.
Sempr' acha Santa María razôn verdadeira...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: