Tanto son da Groriosa seus feitos mui piadosos

De Cancioneros Musicales Españoles
Saltar a: navegación, buscar


FICHA DE LA OBRA

Observación General

Índice de autoridades:

  • Tanto son da Groriosa seus feitos mui piadosos
  • Cantigas de Santa María
  • Cantigas de Alfonso X el Sabio
  • Cantiga 48
  • Cancionero Cortesano
  • Siglo XIII

Autor del texto

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Autor música:

La autoría no esta clara. Ver observación en Cantigas de Santa María

Voces:

1

Cancioneros:

Data:

Segunda mitad siglo XIII

Referencias:

TEXTO


Tanto son da Grorïosa séus feitos mui pïadosos,
que fill' aos que an muito e dá aos menguadosos.

E daquest' un gran miragre fez pouc' á en Catalonna
a Virgen Santa María, que con Jeso-Cristo ponna
que no día do joízo possamos ir sen vergonna
ant' el e que non vaamos u irán os soberviosos.
Tanto son da Grorïosa séus feitos mui pïadosos...

Monssarrat éste chamado o logar u é a fonte
saborosa, grand' e crara, que naç' encima dun monte,
que éra dun cavaleiro; e d' outra parte de fronte
avía un mõesteiro de monges religïosos.
Tanto son da Grorïosa séus feitos mui pïadosos...

Mas en aquel mõesteiro ponto d' agua non avía
se non quant' o cavaleiro da fonte lles dar quería,
por que os monges lle davan sa renta da abadía;
e quando lla non comprían, éran dela perdidosos.
Tanto son da Grorïosa séus feitos mui pïadosos...

E demais, sobre tod' esto, el assí os pennorava,
que quanto quér que achasse do mõesteiro fillava;
e porend' aquel convento en tan gran coita estava,
que non cantavan as óras e andavan mui chorosos.
Tanto son da Grorïosa séus feitos mui pïadosos...

Os monges, porque sentían a sa casa mui menguada,
entre si acórd' ouvéron de lle non daren ên nada,
ca tiínnan por sobervia de bever agua comprada;
porên todos na eigreja entraron muit' omildosos,
Tanto son da Grorïosa séus feitos mui pïadosos...

Dizend': “Ai Santa María, a nóssa coita veede,
e con Déus, o vósso Fillo, que todo póde, põede
que nos dé algún consello, que non moiramos de sede,
veend' agua conos ollos e seer ên desejosos.”
Tanto son da Grorïosa séus feitos mui pïadosos...

Pois sa oraçôn fezéron, a Sennor de pïadade
fez que se cambiou a fonte ben dentro na sa erdade
dos monges, que ant' avían da agua gran soïdade,
e des alí adeante foron dela avondosos.
Tanto son da Grorïosa séus feitos mui pïadosos...

Pois que viu o cavaleiro que sa font' assí perdera
por prazer da Grorïosa, que lla apósto tollera,
déu a erdad' u estava a fonte ond' el vendera
a agu' à́quele convento, onde pois foron viçosos.
Tanto son da Grorïosa séus feitos mui pïadosos...


MEDIATECA

Partituras

Midis

Discografía:

Enlaces:

Audios resaltados

Otros Audios

Videos resaltados:

Otros Videos: